s poda resultar "familiar") moitos dos maiores do club comentamos que a forza das imaxes é tremenda e o texto, en moitas páxinas, sobrecolledor.
Etiquetas: Álbum ilustrado, Autor, Dereitos humanos, Fortes A., Libros
Sáhara, améndoa amarga") lugar co que comeza esta escolma de relatos.
Etiquetas: Autor, Dereitos humanos, Libros
níficas ilustracións de Carole Hénaff fannos deter en moitas páxinas e trasladarnos a un mundo moi distinto ó noso: ó deserto. Son debuxos de gran colorido e forza visual que atrapan a imaxinación (polo menos a miña!!) e me fan desexar coñecer eses lugares, olores e noites estreladas...
Etiquetas: Álbum ilustrado, Autor, Carballeira P., Dereitos humanos, Hénaff C., Infancia, Libros, Sáhara
Etiquetas: Dereitos humanos
Etiquetas: Álbum ilustrado, Autor, Carballeira P., Dereitos humanos, Fortes A., Libros
oi recomendable lectura de Doris Lessing. Poderíamos resumir o que significou para nós esta obra cunha palabra utilizada por Serafín: IMPACTANTE.
lineal dun libro que non se detén en capítulos e incita a seguir lendo e lendo ata a última liña... contribuiu paralelamente a que tampouco nós deixásemos de falar nin un momento. Tiven a sensación de que moitos querían opinar tan pronto como alguén lanzaba unha nova suxestión, unha nova ollada sobre ese mesmo texto.Esta vez non desvelarei nada da temática do libro; só me permito opinar que D. Lessing tratou e suxeriu maxistralmente moitos temas dos que ás veces evitamos falar, deses que posiblemente necesitarían máis reflexións e resolucións diferentes ás que a sociedade adoita.
A continuación deste libro (Ben en el mundo), que rodou de man en man polas mesas, deixou no aire da nosa Biblioteca onte o desexo de polo menos sete lectores que "están en lista de espera".
Etiquetas: Autor, Discapacidade, Familia, Lessing D., Libros
Este libro de relatos de E. Barceló penso que "desconcertou" un pouco ós rapaces "veteranos" do Club. Comezaron lendo o cómic "Mil Euros por tu vida" (Jordi Farga e Luis Miguez) baseado nun dos relatos de Futuros peligrosos; cando devolvían o libriño o comentario máis xeralizado foi: que raro, non o entendín ben.... etc. Pedinlles que non se impacientasen, que leran as 7 historias posto que unha vez rematada a que leva o mesmo título do cómic lles sería máis doada a comprensión deste.
Etiquetas: Autor, Barceló E., Ciencia Ficción, Contos, Futuro, Libros, Utopías, Xenética
dida gratamente por novos alumnos que durante este mes me foron comentando polos pasillos, ou na Biblioteca, algúns detalles do libro; tamén percibín algún que outro entusiasmo nos comentarios e que a obra lles gustara! (Aínda que Cristian non opinou o mesmo na reunión!) Por sorte, non sempre todos coincidimos nos gustos!
Etiquetas: Autor, Libros, Literatura fantástica, Misterio, Pullman P.
O deseño (de hai dous anos) de Manuel Sánchez para Balbordo móvese agora, igual que nós!!!
Etiquetas: Logo
Etiquetas: Autor, Barceló E., Lessing D., Libros, Pullman P.
Que disfrutedes escoitándoo.
Etiquetas: Audioconto, Día das Bibliotecas Escolares, Noite na Biblioteca
É unha novela áxil, orixinal e moi entretida. No grupo de pais comentamos que mesmo podería chegar a ser unha boa curtametraxe.
Hai un ano os dous grupos de maiores de Balbordo comentabamos este mesmo libro. Este curso comezamos a primeira reunión dun dos grupos de rapaces (o veterano!) con esta lectura.
to dende os ollos dun adolescente e os dos adultos. Neste caso, os alumnos fixáronse en cuestións nas que eu non lembro que nós repararamos o ano pasado: unha alumna mencionou a inverosimilitude das distancias percorridas pola boneca e deu pé a reflexionar sobre o xogo na infancia, recordos persoais e sobre a idade da protagonista desta historia. Tampouco creo que os maiores fixeramos unha reflexión tan profunda
sobre a infancia de Kafka (e a posible relación con imaxinarse unha historia como a que se recrea no libro de J. Sierra) como a que outro dos membros de Balbordo interpretou tras documentarse sobre a vida de Kafka!
Etiquetas: Autor, Infancia, Libros, Sierra y Fabra J., Viaxes
Etiquetas: Noite na Biblioteca
IMAXES DO PASADO CURSO E PASAPORTES PARA O PRÓXIMO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 21:34
Etiquetas: Vídeo imaxes 2008-09
Etiquetas: Autor, Libros, Lopo S., Sierra y Fabra J.
Etiquetas: Balbordo Curso 2008/09, Carteis, Lecturas 2008/09
O venres 5, os coordinadores de moitos clubs de lectura de Galicia xuntámonos nunha intensa xornada na que reflexionamos sobre os hábitos de lectura, coñecemos a experiencia de compañeiros ou algunha iniciativa doutra comunidade sobre a tarea de incentivar a lectura. Tamén tivemos a oportunidade de escoitar o punto de vista dunha escritora que relatou as súas impresións sobre a asistencia a reunións de clubs nos que se fala dos seus escritos. A xornada, perfectamente organizada, rematou cun sorriso grazas á intervención dun contacontos.
Etiquetas: Xornadas Clubs Lectura
Etiquetas: Autor, Lecturas sorpresa, Libros, Lovecraft, Oralidade
Falamos da adaptación da novela ó teatro e tamén da estrea, ó día seguinte, da versión cinematográfica do texto. Quizais as vivencias e pensamentos das seis mulleres protagonistas do Club da calceta foron as que máis centraron a nosa conversa. Especialmente mencionamos a Fernanda, Luz ou a Tía Davinia; comentamos temas como a prostitución, a discapacidade, a discriminación ou a violencia, ás veces invisible, á que se ven sometidas moitas mulleres diariamente. Salientamos o feito de que ó compartir palabras e problemas as mulleres poden mellorar a súa situación se se apoian conxuntamente.
Este libro, que M. Reimóndez adicou "A todas as mulleres que, ante tanta violencia, non reaccionan con violencia", fai reflexionar sobre as dificultades de lograr a igualdade entre homes e mulleres pero co optimismo da autora tamén defende que pequenas accións poden levar a grandes cambios.
Queremos agradecerlle a María a oportunidade de "facer puntos" con ela no noso Club e desexámoslle moita sorte na nova etapa que vai comezar.
Etiquetas: Autor, Libros, Muller, Reimóndez M., Visita autor
Os rapaces de Balbordo contaron este mes cunha visita moi especial: María Reimóndez, autora do libro elixido para maio. Un preguntou pola alusión á serpe coa que comeza a historia, a outro interesoulle si era habitual na India algunha situación concreta de violencia que se narraba no texto; outro quixo saber de que zoa de Galicia sería Usha e tamén houbo quen lle pediu á nosa invitada que contase si as dúas amigas ían conseguir ou non o seu soño. Como adoita pasar nas nosas reunións, unha vez máis comprobamos que os personaxes, aínda que saídos da imaxinación, adquiren vida propia na mente de cada lector!! Por iso, a curiosidade por saber mais desa historia que non remata (como esas que tanto lle gustaban a Usha cando as escoitaba da súa nai) tamén nos fixo rir e imaxinar o martes. Creo que con Usha (obra que, en palabras dos rapaces, se resume en "amizade" ou "a convivencia do distinto") María transmíte que é posible o entendemento entre culturas moi distintas, as aportacións mutuas sen imposicións duns ós outros... que é posible, e necesario, obter unha visión da vida máis complexa e rica cando se abandonan pensamentos restrinxidos; tamén penso que afonda na idea de que é preciso comprender que o diferente ó que un coñece non é menos importante do que un posee.
Usha é moi nova pero tén o privilexio de experimentar vivencias non comúns en nenos da súa idade; entrelaza a súa historia da India e Galicia resumindo como a amizade, a confianza e a aprendizaxe de vivir asimilando como normal o distinto é un achegamento á convivencia diaria.
Novela xuvenil excepcional é esta creación dalguén tan comprometido como María Reimóndez, que onte abriu camiños de reflexión a estes rapaces para os que a India agora será un pouco menos descoñecida. Estou segura de que entre estes grandes lectores varios van querer saber máis. Realmente foi unha reunión que todos quereriamos repetir!
Etiquetas: Amizade, Autor, Convivencia, India, Libros, Reimóndez M., Visita autor
Etiquetas: Autor, Libros, Reimóndez M., Visita autor
Este é un deses libros que algunha vez hai que ler, ou reler, por varias razóns:
de á que se chegará seguramente si alguén ou algo consigue fascinarnos ou, simplemente, espertar a nosa curiosidade. Máis de 40 persoas visitamos o Centro Oleiro de Gundivós onde nos fixeron unha demostración dese oficio de artesáns do que é exemplo esta zoa de Sober.
Logo, no impresionante Souto do Tellada escoitamos a recitación de diversos textos mentres disfrutabamos dese incomparable marco natural.
A visita á igrexa románica de Lobios foi acompañada dun recital co que nos agasallou o grupo de Sober "O Trícole", do que tamén foi fundador o noso Director Verao.
A xornada rematou no Santuario de Cadeiras, onde houbo un xantar e logo visitamos algún miradoiro.
Temos que agradecerlles ós integrantes do Club de lectura, e especialmente a Julia -a Bibliotecaria-, a ilusión que puxeron nese día, a emotividade que xuntos compartimos e a idea desa experiencia que esperamos se volva repetir. Moitas grazas!
Etiquetas: Día libro infantil, Fomento da lectura
Etiquetas: Autor, Libros, Lloyd J., Saint-Exupéry
Nunha reunión do Club, Serafín (do grupo de pais de Balbordo) comentou que no Parador había menú de degustación (pola celebración do 80 Aniversario dos Paradores) e regalaban un libro. Como somos un Club de lectura non iamos deixar pasar a ocasión de facernos cun libro máis, aínda que de cociña! E alí fomos o pasado martes.
Etiquetas: Comida no Parador de Monforte
No Secreto de If, unha torre invisible na que un xove está privado dende o seu nacemento da liberdade, seres máxicos, unha princesa, un mago, un dragón, unha viaxe moi perigosa, claves secretas para desvelar un misterio, unha voda que desencadena os acontecementos da historia... son algúns dos elementos deste texto de literatura fantástica.
Etiquetas: Alonso A-Pelegrín J., Autor, Aventuras, Libros, Literatura fantástica
"LAS RATAS DEL CEMENTERIO" de H. Kuttner en BalbordoBis
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 17:28
Etiquetas: Audioconto, BalbordoBis, Contos, Kuttner H., Oralidade, Terror
lante) accede ó pracer da lectura e con ela tamén ó incitante poder de observar mellor o mundo e os sentimentos dos outros. Son moitas as reflexións que pode suscitar esta lectura sobre os libros e o hábito lector. Penso que é un texto moi ameno; pecharedes o libro cun sorriso."... resultó ser una elección afortunada y, a su manera, memorable. Si su Majestad hubiera escogido otro tostón (...)
lectora novata como era, habría podido abandonar la lectura para siempre y no habría aquí historia que contar. Habría pensado que los libros dan trabajo".
Etiquetas: Autor, Bennett A., Lectura, Libros
Etiquetas: Aniversario blogs
Etiquetas: Alonso A-Pelegrín J., Autor, Bennett A., Libros
Podedes consultar en Bibliocabe o testimonio sonoro.
Etiquetas: BalbordoBis, Oralidade, Poemas, Rubén Darío
indiferente a ninguén. Penso que ós rapaces de Balbordo tampouco os deixou impasibles, sinxelamente porque foron varios os que comezaron a narrar acontecementos da vida dos seus familiares que lles recordaban algunha das esceas tratadas no libro.
Etiquetas: Adolescencia, Amor, Autor, Exilio, Guerra civil, Infancia, Libros, Mayoral M.
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio





